Como remate da actividade da
multiculturalidade que estes días inundou o centro, a
biblioteca pon en marcha o
pasapalabra multicultural. •Pode participar todo o alumnado do centro. •O concurso consiste en cubrir este folleto coas respostas correctas,os datos persoais e despois depositalo na furna que hai na biblioteca. •Para a búsqueda das respostas pódense consultar os libros e ordenadores da biblioteca. •O prazo para a entrega das solucións acabará o
día 30 de abril ás 11,30 da mañá. •O premio consistirá nunha
cesta con produtos de distintos países. •Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas, sortearíase o premio entre os acertantes.