LECTURE

LECTURE
Affichage des articles dont le libellé est GALICIEN. Afficher tous les articles
Affichage des articles dont le libellé est GALICIEN. Afficher tous les articles

jeudi 30 mai 2013

VOYAGE SCOLAIRE : LUGO

Voici un voyage virtuel qui nous permettra de découvrir la ville de Lugo et surtout de répondre aux questions que nous vous poserons ce jour-là.

vendredi 19 avril 2013

JOURNÉE MONDIALE DU LIVRE - DÍA MUNDIAL DO LIBRO : 23 ABRIL

Agradecemos a Paula Carballeira o
seu texto,
“SÓ UN LIBRO, un
agasallo para as Bibliotecas
Escolares de Galicia no Día Mundial
do Libro e dos Dereitos de
Autor/2013

Só un libro
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro.
Por que?
Que lle fixen eu?
Míroo e remíroo.
Sacúdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos.
Nada.
É só un libro.
Paréceme inútil, aí quieto, sen moverse.
Éntranme ganas de rompelo, de escachalo, de queimalo, de estragalo...
A ver se así reacciona.
Non.
Que vai reaccionar!
Espera.
O libro espera.
Non se decata de que son máis forte ca el.
Non se decata de que podería esnaquizalo se me deixase levar polo xenio.
Se cadra estase rindo de min.
Crerase moi importante por ser un libro.
Vouno abrir.
Teño curiosidade por saber que escribiron dentro del para que teña eses
aires de superioridade.
Vaia!
Non está nada mal.
Empézame a caer simpático.
Tan caladiño, gardando a súa historia coma quen garda un segredo.
Ás veces penso que a miña irmá pode lerme o pensamento.
Era xusto o que eu quería.
Un libro.
Este libro.
Paula Carballeira

En novembre 1995, l’UNESCO déclarait le 23 avril Journée mondiale du livre et du droit d’auteur sur demande de l’Espagne. Avec la Journée mondiale du livre et ses multiples activités dans le monde entier, l’UNESCO entend promouvoir le livre et la lecture.
„Il y a des livres sur tous les sujets, pour tous les publics et toutes les époques. Mais nous devons nous assurer que les livres soient disponibles pour tout le monde et partout.“ Milagros del Corral, directrice en charge à l’UNESCO.

vendredi 18 janvier 2013

COLEGAS DAS PALABRAS

Voici un nouveau blog que nous allons visiter et qui me semble intéressant: COLEGAS DAS PALABRAS

XOGOS INTERACTIVOS DE LINGUA

PAXINA DE XOGOS INTERACTIVOS DE ROSA SALGUEIRO : NA PUNTA DA LINGUA
OS ELEMENTOS DA COMUNICACIÓN

Lecturas recomendadas para 1º da ESO.

Lecturas recomendadas para 1º da ESO ALEIXANDRE, Marilar.- Tristes armas. Ed. Xerais. Col. Fóra de xogo. ALONSO, Fran.- O meu gato é un poeta. Ed. Xerais. col. Sopa de libros. ÁLVAREZ GÁNDARA, D.- Sireno. Ed. do Cumio. Serie Cómplice. ATXAGA, Bernardo.- Un espía chamado Sara. Ed. S.M. O varco de vapor, Serie vermella.. Ed. Alfaguara. Col. Obradoiro. BABARRO, Xoán.- As vacacións máxicas de John Liberty. Ed. Alfaguara. BUGARÍN PEREIRA, L.- Río abaixo. Ed. Galaxia. Col. Costa Oeste. CAMPO, Marica.- E Xoel aprendeu a voar CARBALLEIRA, Paula.- O ganso pardo. Edelvives. Col. Catavento. CARBALLEIRA, Paula. O lobishome de Candeán. Ed. Galaxia. CARREIRO, Pepe. A retirada de Sir John Moore. Ed. Xerais. Col. Cómics. CARIDE, Ramón.- A negrura do mar. Ed. Xerais. Col. Merlín. CARIDE OGANDO, R.- Ameaza na Antártida. Ed. Xerais. Col. Merlín. CARIDE OGANDO, R.- O futuro roubado. Ed. Xerais. Col. Merlín. CASTELAO.- Cousas. Ed. Galaxia. CASTELAO.- Os vellos non deben de namorarse. Ed. Galaxia. FERNÁNDEZ PAZ, A.- Lúa do Senegal. Ed. Xerais. Col. Sopa de libros. FERNÁNDEZ PAZ, A.- O centro do labirinto. Ed. Xerais. GALLEGO ABAD, E.- Dragal. A herdanza do dragón. Ed. Xerais. Col. Fóra de xogo. JAUREGUIZAR, S.- O contador de estrelas. Ed. Alfaguara. NEIRA VILAS, Xosé.- Cartas a Lelo. Ed. do Castro. REIMONDEZ, María.- Usha. Ed. Xerais. VERNE, Jules.- Vinte mil legoas baixo dos mares. Bibl. La Voz de Galicia.

jeudi 25 octobre 2012


Daniel A. R. Castelao
Indice: exercicios de ogalego.eu
maioría dos exercicios teñen ao final a ligazón á solució
Most of the exercises include a link to the key. It is recommended to first write down the exercises and then correct the errors. Most of the texts are open-ended exercises for which no key is provided. In the quizzes, etc. each question links to the key.

La plupart des exercices ont à la fin le lieu à la solution. Le plus recommendable est de faire l´exercice en papier et ensuite corriger les erreurs. La plupart des textes sont des exercices ouverts. Le site n´apporte pas de solutions. Dans les test etc. chaque question a le lieu à la solution.

VIAXE POLA PRENSA

Hoxe imos entrar na prensa e elixir unha noticia que nos impactou. Primeiro entramos na aula virtual do instituto e logo buscamos o enlace de ámbito de comunicación onde atoparedes toda a prensa galega. Otro día viaxaremos polo prensa nacional.

http://www.edu.xunta.es/centros/iesasmarinas/aulavirtual/course/category.php?id=22

NESTE APARTADO ATOPAREDES LIGAZÓNS  E ACTIVIDADES RELACIONADAS CA MATERIA QUE IREMOS DANDO NAS DIFERENTES UNIDADES.

samedi 6 octobre 2012

NOUVEAUTÉ DANS NOTRE BIBLIOTHÈQUE DE CLASSE:



Este é un avance da historia :
Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas.

 Si vous voulez en savoir plus .....from : http://megatoxos.blogspot.com.es/