LECTURE

LECTURE

samedi 6 octobre 2012

NOUVEAUTÉ DANS NOTRE BIBLIOTHÈQUE DE CLASSE:



Este é un avance da historia :
Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas.

 Si vous voulez en savoir plus .....from : http://megatoxos.blogspot.com.es/

2 commentaires:

  1. El libro es muy interesante, al principio no es muy interesante, pero después el libro está muy bien, lo recomiendo.

    RépondreSupprimer
  2. J'espère que d'autres élèves le liront aussi grâce à ton commentaire.

    RépondreSupprimer