LECTURE

LECTURE

vendredi 27 juin 2014

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

CADRO RESUMO DA FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA:

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. IES AS MARIÑAS

FINALIDADE DA F.P.B

Ademais dos fins e obxectivos establecidos con carácter xeral para as ensinanzas de Formación Profesional, as ensinanzas conducentes á obtención dos títulos profesionais básicos contribuirán a que o alumnado adquira ou complete as competencias do aprendizaxe que lle permitan o aprendizaxe ao longo da sua vida e a súa progresión no sistema educativo.

REQUISITOS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE F.P.B.

O acceso aos Ciclos de F.P.B. requerirá o cumprimento simultáneo das seguintes condicións:
a) Ter cumpridos 15 anos, oucumprilos no ano natural en curso e non superar os 17 anos de idade no momento de acceso ou no ano natural en curso.
b) Ter cursado o primeiro ciclo de ESO ou excepcionalmente, ter cursado o segundo curso da ESO.
c) Ter sido proposto polo Equipo educativo para a incorporación a un ciclo de F.P.B., o que quedará reflexado no Consello orientador no artigo 28.7 da Lei Orgánica 2/2006 do 3 de Maio.
d) Informar con anterioridade da incorporación aos país, nais ou titores legais do alumno/a.

DURACIÓN DOS MÓDULOS


Estes Ciclos de F.P.B. terán unha duración de 2000 horas, equivalentes a dous cursos académicos.
Os módulos profesionais dos títulos profesionais básicos, estarán expresados en termos de resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos, tomando como referencia as competencias profesionais, personais e sociais ou de aprendizaxe  permanente que se pretenden desenvolver por medio do módulo profesional. A súa estrutura responde á dos módulos profesionais do resto de ensinanzas da F.P. do Sistema Educativo.

TIPOS DE MÓDULOS PROFESIONAIS


Os Ciclos formativos de F.P.B. incluirán os seguintes módulos profesionais:
1.- Módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
2.- Módulo de Comunicación e Sociedade I e Comunicación e Sociedade II, que inclúe contidos das materias do bloque común de Cumunicación e Ciencias Sociais.
3.- Módulo de Ciencias Aplicadas I e Ciencias aplicadas II, que inclúe contidos das materias do bloque común de Comunicación e Ciencias Sociais.
4.- Módulo de Integración de Competencias.
5.- Módulo de Formación en Centros de traballo.


TÍTULOS PROFESIONAIS


Os títulos profesionais básicos Terán a mesma estrutura que o resto dos títulos das ensinanzas de F.P. do Sistema Educativo, incluindo ademais as competencias de aprendizaxe permanente.
- O alumnado que complete un ciclo de F.P.B. obterá o Título profesional básico correspondente as ensinanzas cursadas.
- O Título profesional básico permitirá o acceso ós Títulos de Grado Medio.
- As persoas que estén en posesión dun Título profesional básico poderán presentarse á avaliación final da ESO, en calquera das súas modalidades, nas condicións establecidas no artigo 44.1 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de Maio.
- As administracións educativas poderán convocar probas para a obtención dos Títulos profesionais básicos para as persoas que teñan máis de 18 anos.
- Os alumnos/as que rematen os estudos sen obter o Título profesional básico recibirán a certificación académica dos módulos profesionais superados.

Aucun commentaire:

Enregistrer un commentaire